Pabellón Promesas

NOVAS

29.05.2017

Presentado o 3º Campus Celta

O campo dos Remedios acolle a actividade organizada pola Fundación Celta en colaboración co Pabellón CF do 26 ao 30 de xuño en horario de 10 a 14 horas

Na mañá deste luns efectuouse a presentación do 3º CAMPUS FUNDACIÓN CELTA-PABELLÓN CF que se celebrará en Ourense do 26 de xuño ao 30 de xuño no campo Miguel Ángel-Os Remedios en horario de 10 a 14 horas para nen@s de 4 a 16 anos. O venres tamén haberá xornada de tarde  con comida incluida. A inscrición queda aberta e aqueles que o fagan ata o 4 de xuño terán de regalo a segunda camiseta do RC Celta a maiores da vestimenta que se lle facilitará.

Coa inscrición os deportistas recibirán unha equipación completa de Adidas, terán un tentempé a media mañá en cada unha das xornadas e tamén recibirá un diploma de asistencia.

No acto estivo presente Germán Arteta, Xerente da Fundación Celta; Diego Sarabia, do Departamento de Fútbol Base do club olívico e Juan López "Juanín", Presidente do Pabellón CF, arroupado por varios adestradores do club.

Este Campus chega por terceiro ano consecutivo a Ourense froito do convenio entre Fundación Celta, RC Celta e Pabellón CF, o que permite que os xogadores da entidade teñan un desconto no custo da matrícula. O prazo de inscrición está aberto e para calquera información pódese chamar ao teléfono 986213676 ou nas páxinas web www.fundacioncelta.com ou www.pabelloncf.com.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com