Pabellón Promesas

NOVAS

22.05.2017

Bo papel na fases de Fútbol 8

O Pabellón CF prebenxamín plantouse na final da sede de Castrelos pero foi superado polo Rápido de Bouzas

Catro equipos branquiverdes participaron a pasada fin de semana nas fases intermedias galegas na modalidade de Fútbol 8, nas que os nosos representantes estiveron en liñas xerais a boa altura. Aproveitamos esta información para agradecer o esforzo de deportistas, técnicos e familiares dos xogadores.

En alevís o Pabellón CF plantouse nas semifinais da sede de Cambados despois de superar no grupo a Sagrado Corazón (4-0) e Moañesa (6-2) para ceder contra o Celta (3-0). Nas semifinais os nosos caeron co Areosa (2-1) e na consolación impuxéronse nos penaltis depois do empate (1-1) no tempo regulamentario.

Pola súa parte, o Pabellón Promesas cedía os dous primeiros partidos pola mínima contra ED Ourense (2-1) e Rápido de Bouzas (1-0) para ceder máis terreo contra o Santa Mariña (4-0). Na loita polas dúas última prazas da sede de Verín os penaltis facilitaron a vitoria do Salgueiriños despois de rematar o choque en táboas (2-2).

En benxamís o Pabellón CF foi de menos a máis en Ribadumia. Na fase de grupos empataba co Cruceiro de Hío (1-1), perdía co Atlético Cuntis (3-2) e superaba ao Celanova (5-2). Nas semifinais os pabellonistas deron guerra ao Celta, que acabaría impondo a súa calidade (3-0). Na consolación os nosos acabarían alcanzando a terceira praza despois de vencer ao Atlético Cuntis (4-2).

Finalmente, en prebenxamís o Pabellón CF alcanzou a final na que caería cun prático Rápido de Bouzas (3-0). Para chegar a ese partido decisivo, no grupo os branquiverdes superaron ao Arousa (3-1) e Gondomar (4-0) para empatar coa Moañesa (1-1). Nas semifinais marcaron no último instante (1-0) despois de dominar todo o partido contra a ED Ourense.

Para ver todos os resultados e clasificados das diferentes sedes que estarán na fase final do próximo fin de semana PINCHA AQUÍ.


Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com