Pabellón Promesas

NOVAS

15.05.2017

Torneo Xuvenil: Pabellón "C" 3 Arenteiro "B" 1

Os pabellonistas están en condicións de plantarse na final se suman un punto no campo do Ribeiro este mércores

PABELLÓN "C" (3): Alexander, Pablo, Miguel, Selas, Martín, Antón, Iván, Adrián, Marcos Rodríguez, Pedro e Luis Ortiz. Tamén xogaron Silva, Alexandre, Jorge, Conde e Marcos Cid.

ARENTEIRO "B" (1): Mateo, Jesús, Bruno, Santi, Adrián, Sergio, Diego, Rubén, Lucas, Juan e Pablo. Tamén xogaron Rubén, David e Iván.

ÁRBITRO: Pablo Crespo Rodríguez.

GOLES: 1-0, m.29: Luis Ortiz. 2-0, m.71: Pedro. 3-0, m.74: Martín. 3-1, m.76: Pablo.

INCIDENCIAS: Xornada 2ª do Torneo Fútbol Base Ourense Xuvenil. Campo Miguel Ángel-Os Remedios

COMENTARIO: Segunda vitoria consecutiva dos branquiverdes a costa de superar a un Arenteiro "B" que mantivo vivo o choque ata o último cuarto de hora. Antes, ao fio da media hora, os de Daniel Bolaño tomaron vantaxe no marcador marchándose ao descanso con ese marcador (1-0).

Nos últimos quince minutos chegarían tres goles. Dous por parte local para marcar distancias e un dos carballiñéses sen que posteriormente se rexistrara máis movemento. O Pabellón afronta este mércores o seu último partido co Ribeiro co punto de mira posto en meterse na final deste torneo.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com