Pabellón Promesas

NOVAS

15.05.2017

LG Cadete: Pabellón "B" 3 Arousa "B" 2

Os branquiverdes remontaron dous goles despois dun mal inicio de partido e conseguiron a permanencia de forma matemática

PABELLÓN "B" (3): Alberto, Adrián Martínez, Sergio, Martín Estévez, Yago, Brayan, Jose Ramón, Hugo, Adrián Conde, Coello e Osián. Tamén xogaron Xacobo, Mario, Sergi e Carracelas.

AROUSA "B" (2): Manuel, Álex, Jorge, Francisco, Iago, Marcos, Raúl, Fernando, Romero, Rodrigo e Fachado. Tamén xogaron Ángel, Miguel e Cibrán.

ÁRBITRO: Avelino García Vázquez (Comité Galego). Amonestou a Romero, Marcos e Álex nos vistantes.

GOLES: 0-1, m.4: Romero. 0-2, m.10: Romero. 2-1, m.36: Sergio. 2-2, m.47: Sergio. 3-2, m.56: Osián.

INCIDENCIAS: Xornada 32ª da Liga Galega Cadete. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.

COMENTARIO: O comezo da primeira parte pillou aos locais fóra do partido e os visitantes aproveitárono para aos dez minutos adiantarse no marcador 0-2. Os pabellonistas tentaban crear perigo pero sen ocasións claras e os de Vilagarcía eran os que máis inquietaban en ataque. Antes do descanso Sergio recortou distancias 1-2.
 
Na continuación os pabellonistas saíron mais decidios en busca da igualada e nunha internada de José Ramón dentro da área foi derrubado e Sergio lograría o 2-2 de penalti. A punto estivieron os de Vilagarcia de poñerse por diante de novo nun par de ocasións pero Osián poñía por diante 3-2 aos locatarios ao transformar outro claro penalti con vinte e catro minutos por diante.

Nese tempo o Arousa tentaba a igualada e os branquiverdes pechar o partido á contra pero o marcador non se moveu. Con este marcador o Pabellón "B" garantizou a permanencia a dúas xornadas para o final.   

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com