Pabellón

Historia

O Pabellón Ourense Club de Fútbol fundouse o 18 de febreiro de 1972 por Xosé Luis López Iglesias, que segue sendo na actualidade o seu presidente, e adícase exclusivamente á formación de futbolistas como club de fútbol base. A entidade suma xa 40 anos de historia.


Nestes intres a entidade conta con VINTE E UN equipos en competicións federadas unidos ós conxuntos do vinculado CD Pabellón Promesas. O seu organigrama deportivo para esta tempada 2012-2013 está configurado por:  

  • Un equipo na División de Honra Xuvenil

  • Un equipo na Liga Nacional Xuvenil e outro en 1ª Autonómica

  • Un cadete na División de Honor

  • Un cadete na Liga Galega

  • Un cadete en 1ª Autonómica

  • Dous infantís na Liga Galega

  • Un infantíl en 1ª Autonómica

  • Catro conxuntos de Fútbol 8 entre 1ª e 2ª Autonómica

  • Catro equipos benxamís de Fútbol 8 en 1ª e 2ª Autonómica

  • Dous equipos en Prebenxamín Fútbol 8

  • Dous equipos de fútbol sala prebenxamín da Escola

 

Ademais, xestiona a Escola de Iniciación ó Fútbol cunha participación media por ano de 118 nenos e nenas dende os cinco anos ata os oito.


O clube fixo a súa entrada no deporte feminino fai catro anos cun acordo co Cidade das Burgas Fútbol Sala Feminino, unha entidade que preside Camilo Saeta Gómez e que conta con un conxunto na División de Prata, outro na Liga Autonómica, un cadete, un infantil e un alevín. O ascenso á División de Honra na campaña 2009-2010, o ascenso á División de Prata, o Campionato de España de clubs en 07-08, o Subcampionato de Europa en Italia e os títulos Galegos en cadetes (tres) e infantís, son as actuacións máis relevantes deste club vinculado.


Dentro dos títulos máis destacados cos que conta o Pabellón Ourense Club de Fútbol, cabe destacar: Tres campionatos galegos de infantís, dous en  categoría alevín, un título da Liga Nacional de Xuvenís e dous campionatos de España en fútbol sala tanto en alevís como en infantís. Tamén foi subcampión galego en infantís ( tres veces), cadetes e xuvenís. Na tempada 2008-2009 o segundo equipo xuvenil obtivo o ascenso á Liga Nacional, un feito que puxo o listón máis alto dos 37 anos de existencia do club ao ter os dous primeiros equipos xuvenís nas maiores categorías nacionais do fútbol base.


A nivel provincial, o Pabellón C.F. ten todos os títulos en diferentes etapas, dende as categorías de xuvenís, cadetes e infantís, tanto na Liga como na Copa Deputación, como en alevís e benxamís. É destacable que na tempada 86-87, o clube impúxose en todas as finais da Copa Deputación, dende a categoría benxamín ata a de afeccionados. Na campaña pasada temos que destacar o ascenso do Pabellón Promesas á Liga Galega xuvenil, un feito histórico para o club vinculado e que permitirá que compita na mesma categoría que o Pabellón B.


Asemesmo, na tempada 1991-92 recibiu o premio da Xunta de Galicia como mellor clube de categorías de base e no ano 2001 concédeselle o premio da Diputación Provincial como mellor club de base de todo-los deportes no cuatrienio 1997-2000, repetindo a mesma mención no periodo 2001-2004, recoñecendo así o traballo desempeñado ó longo destes anos.


O clube ten un acordo de colaboración co RC Deportivo da Coruña dende a tempada 2007-2008. No cadro coruñés levan chegado varios futbolistas do noso clube, tanto con anterioridade ao acordo como posteriormente.

OUTRAS NOVAS

COLABORA

  • Kutxabank

TENDA OFICIAL

  • Turini

RESULTADOS

PÓDECHE INTERESAR

twitter

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 606 26 82 78 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com